A Consellaría impón prazas de Primaria con perfil de inglés que os centros non demandan
A CONSELLARÍA IMPÓN PRAZAS CON PERFIL DE INGLÉS QUE OS CENTROS NON DEMANDAN
Esta decisión da administración educativa galega ten graves consecuencias laborais e pedagóxicas.
Un estudo do STEG comproba que a Consellaría publicou vacantes con perfil lingüístico non demandadas polos centros educativos. Entre elas destacamos as seguintes:
| 
             Nome do centro  | 
            
             Localidade  | 
            
             Prazas de primaria (38)  | 
            
             Provincia  | 
            
             | 
        |
| 
             | 
            
             | 
            
             Inglés  | 
            
             Sen inglés  | 
            
             | 
            
             | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe San Marcos  | 
            
             Abegondo  | 
            
             1  | 
            
             1  | 
            
             A Coruña  | 
            
             Solicitan só unha porque lles é suficiente. Non tiñan esa praza anteriormente con perfil lingüístico  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal  | 
            
             Oleiros  | 
            
             1  | 
            
             1  | 
            
             A Coruña  | 
            
             Existía xa esa praza con perfil lingüístico  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe de Andrade  | 
            
             Pontedeume  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             A Coruña  | 
            
             Esa praza estivo cuberta varios anos con provisionais con perfil lingüístico. Este é o 1º ano que a cubren definitivamente con perfil lingüístico  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe Santa Rita  | 
            
             Viveiro  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             Lugo  | 
            
             O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo  | 
            
             Carballiño  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             Ourense  | 
            
             O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro  | 
            
             Barbadás  | 
            
             2  | 
            
             0  | 
            
             Ourense  | 
            
             O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe Irmáns Villar  | 
            
             Ourense  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             Ourense  | 
            
             O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso  | 
            
             Ourense  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             Ourense  | 
            
             Pediron a praza con perfil lingüísitco  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe de Seixalbo  | 
            
             Ourense  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             Ourense  | 
            
             O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría  | 
        
| 
             CPI Plurilingüe Tomás de Lemos  | 
            
             Ribadavia  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             Ourense  | 
            
             O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe dos Blancos  | 
            
             Os blancos  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             Ourense  | 
            
             O centro non a solicitou con perfil lingüístico. Perfilouna a Consellaría  | 
        
| 
             CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo  | 
            
             Cangas  | 
            
             1  | 
            
             0  | 
            
             Pontevedra  | 
            
             Este ano é plurilingüe por 1ª vez e solicitaron a praza con perfil lingüístico  | 
        
Que problemas provoca esta práctica da Consellaría?:
1.   Desde o punto de vista laboral: pervértese o Concurso Xeral de Traslados do profesorado galego xa que a estas prazas só poderá optar o profesorado que teñan a titulación de lingua extranxeira B2. Esta situación vai provocar que profesorado con moi poucos anos de experiencia adquira o dereito a estas prazas fronte a outro profesorado con moitos máis anos de labor docente e que ata agora tiña preferencia no acceso a esas prazas.
Resulta máis rexeitable se consideramos que despois do acceso a estas prazas só existe a obriga a mantelas na lingua estranxeira durante dous cursos. Xa que logo, convértese nunha forma de acceso a vacantes que antes se concedían exclusivamante por antigüidade e que agora se poden conseguir, para a toda a vida, a cambio de impartila dous cursos en inglés.
O STEG foi o único sindicato que denunciou esta situación introducida na mesa sectorial do 27/11/2008 e posteriores.
O STEG esixe da Consellaría a corrección do perfil lingüístico destas vacantes e o cambio na forma de cubrir as que teñan perfil lingüístico, que non debe ser a través do CXT.
  
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
 Ver en Google Maps