Escolas Oficiais de Idiomas
No día de hoxe, e de novo, máis do 90% do profesorado secundou a folga e as mobilizacións das EEOOII. En todas as EEOOII do país tiveron lugar concentracións e manifestacións con cacerolada incluída. Nalgunhas escolas a participación nas mobilizacións chegou ao 100% do profesorado.Seguimos a demandar da administración educativa que escoite ao profesorado e aos seus representantes e que deteña a súa campaña de difamación contra a profesionalidade do colectivo das EEOOII.
O STEG, que seguirá a apoiar toda mobilización do profesorado que esixa a retirada da circular motivo do conflito, continuará a traballar pola unidade de acción das organizacións sindicais tal e como nos demanda o profesorado.
Galiza,10 de setembro do 2009
SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps