Transformación de IES en CIFP
A Consellaría de educación despreza ao profesorado, ao alumnado e ás súas familias ao suprimir máis de 1.000 prazas escolares e desprazar do seu posto a centros de profesoras e profesoresPor outra banda pechar un ciclo en Fene cara O Ferrol ou en Palas de Rei cara Lugo conleva ao desprazamento do alumando co conseguinte custo para as súas familias que teñen que facerse cargo do desprazamento e os outros gastos que isto xera. Esta é a aposta polo rural, que esta Consellaría, prometía no seu programa electoral.
A Consellaría é, xa que logo, responsábel desta deficiente xestión e de aumentar as consecuencias negativas para toda a comunidade escolar.
Por todo o anterior o STEG, demandará o vindeiro venres na mesa sectorial, a retirada do Proxecto de Decreto para a transformación destas ensinanzas, emprazando ao goberno galego a que lle dea a oportunidade ao profesorado, alumando e familias de planificar con tempo esta situación. Este tempo é imprescindíbel para minimizar o impacto negativo para familias, profesorado e alumnado que a xestión da Consellaría ven de provocar.
Pdf co documento