STEG ó día · STEG opina

02-04-2013

Educación non recorrerá a sentenza do TSXG

Concertos aos centros que segregan por sexo

EDUCACIÓN NON RECORRERÁ A SENTENZA GAÑADA POLO STEG QUE ANULA OS CONCERTOS AOS CENTROS QUE SEGREGAN POR SEXO

 

 

O Concelleiro de Educación anunciou que a Xunta non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pola que foron declarados ilegais os concertos educativos dos cinco centros de Galiza que segregan por sexo.

 

 


A sentenza colle á Consellería xusto cando saca a convocatoria para renovar os concertos cos centros privados por un período de catro anos máis. A Consellería xa comunicara que este trámite quedaría parado temporalmente á espera do estudio da demanda do TSXG por parte da asesoría xurídica da Xunta.

O que non aclara a Xunta é se a invalidación dos concertos a eses cinco centros se fará efectiva para ou curso que vén. O STEG entende e exixe que así sexa xa que a sentenza saíu nun momento no que a administración ten tempo de modificar a orde e de eliminar os concertos a e estes cinco centros tal e como lle exixe o Tribunal Superior de Xustiza.

O STEG considera insultante que se siga utilizando o argumento da “libre elección de centro” para xustificar a existencia destes concertos xa que o que o recurso interposto polo STEG e a sentenza do TSXG cuestionan non é a lexitimidade de existencia destes centros senón que se acollan ao sistema de ensino gratuíto sostido con fondos públicos.

O STEG tamén entende e así o exixe, que estes centros devolvan os cartos dos concertos recibidos durante este período de concertos (desde o 26 de agosto de 2009) xa que según o dictaminado polo TSXG trataríase dunha financiación ilegal. Cartos que, lle apuntamos á Xunta, podería invertir en servizos do ensino público e que desde o 2009, cando o goberno de Feijoo chega á Xunta, leva recortando tales como libros de texto ou comedores escolares.
 
Permanente do Secretariado Nacional
abril de 2013
pdf co documento

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza