STEG ó día · STEG opina

02-03-2011

Este ano, de novo, non haberá concurso

Concurso de Traslados de orientación de Primaria

O servizo de primaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria confirmounos que este ano non vai haber concurso específico de orientación de primaria.

Na mesa sectorial do 09/11/2010 a Consellería dixo que a súa pretensión era sacar as prazas de orientación de primaria a concurso este ano; logo, na mesa sectorial do 03/02/2011, sinalaron que estaban analizando as prazas que poderían convocar para dilucidar se convocaban ese concurso específico ou non. Por esas razóns, o STEG esperaba a saída deste concurso, máxime cando a última convocatoria foi hai dous anos.

Os datos que achegamos son elocuentes: no curso 09/10 adxudicáronse, nos destinos provisionais, preto de 100 prazas para a especialidade 597039, das que 42 foron para persoal interino; no curso 10/11 adxudicáronse as mesmas prazas, tamén para o persoal interino.

A Consellería segue a non estabilizar prazas que, para o STEG, son importantísimas. Estes postos dos departamentos de orientación terían que estar cubertos por persoal estable nos centros para poder levar a cabo o seu labor a curto, medio e longo prazo, e non por persoal interino e provisional ano tras ano, o que fai que o seu traballo non reporte os resultados que todos desexamos para a mellora da calidade do noso ensino.

Secretariado Nacional do STEG
Marzo 2011

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza