Importes a percibir
Paga Extra do 2012 en Galiza
Co obxecto de informar sobre a cantidade que se vai percibir da paga extra do mes de decembro de 2012, eliminada polo Real Decreto 20/2012, así como os pasos que hai que dar para solicitala se o persoal se atopa nunha situación distinta á do servizo activo, transcribimos o que a lei de orzamentos di sobre o particular:
Disposición adicional décimo sétima. Recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012 do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia
a) O persoal incluído no artigo 1.2.a) da Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, percibirá unha cantidade equivalente á parte proporcional correspondente a vinte e dous días da paga extraordinaria (soldo da extra + trienios da extra + complemento de destino) e sete días das pagas adicionais ou equivalentes (complementos específicos: específico docente + sexenios + singular -por cargo- + función titorial) do mes de decembro de 2012 que foron suprimidas. Naqueles casos en que non proceda o recoñecemento da totalidade da anterior cantidade, reduciranse proporcionalmente ao cómputo de días devindicados en cada un dos conceptos ata a entrada en vigor da mencionada norma.
Para as persoas que estean xubiladas pero que traballaron algún día despois do 01/06/2012 di o seguinte:
Ao persoal que non se ache en situación de servizo activo ou asimilada na data de entrada en vigor desta lei ou que perdese a condición de empregado público, as cantidades a que se refire esta disposición seranlle aboadas pola consellería, organismo ou entidade á que lle correspondese aboar no seu día a mencionada paga de decembro de 2012, logo de petición dirixida ao órgano de xestión de persoal que corresponda.
Se o persoal afectado pola supresión tivese falecido á entrada en vigor desta disposición, a petición a que se refire o parágrafo anterior deberana formular os seus herdeiros conforme o dereito civil.
Secretariado Nacional do STEG
Xaneiro de 2015
documento en pdf