25-01-2013 Indignación e rexeitamento
Violacións na India
O STEG e a Organización de mulleres do STEG amosan a súa indignación e total rexeitamento ante os delitos de violación múltiple cometidos na India e amosa o seu apoio ao movemento social xurdido como resposta antes estes delitos.
Tralas movilizaciones sociais e o escándalo internacional suscitado ante estes brutais delitos de violación e asasinato, o goberno prometeu cambios lexislativos, pero isto é insuficiente xa que a actuación gobernamental non atalla a causa do problema que a muller india padece desde hai séculos e que reside na súa desconsideración como ser humano, e como suxeito e cidadá de pleno dereito.
É canto menos paradoxal, que un país pioneiro en Asia por ter unha Primeira Ministra, teña un analfabetismo feminino de 245 millóns, unha escolarización feminina que só alcanza o 60%, onde a discriminación sexual é sistemática, comezando con infanticidios femininos ou o aborto selectivo como procedemento habitual na familia, e concluíndo coa exclusión total das mulleres, que tras quedar viúvas, só teñen dúas opcións, ou inmolarse ou soportar durante o resto dos seus días as múltiples vexacións da súa contorna e da sociedade en xeral. Pero entre tanto, durante a súa vida padecen a maior taxa mundial de matrimonios infantís, un 40%, as mortes por dote dentro do fogar, o secuestro e prostitución a mans de redes organizadas, e as violacións, denunciadas ou non, no ámbito público e privado.
Ante estes delitos e atentados contra os dereitos humanos da muller india, non podemos só escandalizarnos ou conformarnos cunha reforma lexislativa que endurezca as penas aos violadores. Por iso desde o STEG e a súa Organización de Mulleres, comprometidos na loita contra todo tipo de violencia contra as mulleres do mundo, denunciamos a pasividade dos Axentes e Gobernos Internacionais e esiximos que se impoñan desde todos os ámbitos responsables, políticas e medidas de igualdade, que combatan a agresiva discriminación que se practica e que propugnen a defensa da dignidade e a liberdade que merecen as mulleres da India como seres humános.
Organización de Mulleres do STEG
Xaneiro de 2013