25-01-2013 Información importante para recuperar a paga extra expropiada
Paga extra de decembro de 2012
INFORMACION IMPORTANTE PARA RECUPERAR A PAGA EXTRA EXPROPIADA
PRAZOS PARA INTERPOÑER RECURSO
 
	- Catro anos: ata xaneiro do 2017
 
QUE DEMANDAMOS NO RECURSO?
 
 
	- O reclamado é a paga extra de Nadal máis os días devengados da paga extra ao entrar en vigor o Decreto-lei o 15 de xullo.
 
Ao persoal funcionario: de carreira, persoal interino e substituto... DESACONSELLÁMOSLLE RECORRER INDIVIDUALMENTE
 
 
	- Propoñémosvos, de momento, NON recorrer individualmente.
 
	- É mellor facelo como colectivo xa que as custas son elevadas.
 
	- De querer facelo a nivel individual é mellor esperar aos resultados dos recursos que interporán as organizacións sindicais. Lembrade que temos 4 anos de prazo.
 
MOI IMPORTANTE: AS E OS QUE INICIARON O PROCESO (AÍNDA QUE SÓ FOSE UN RECURSO DE ALZADA) DEBEN IR ATA O FINAL.
 
 
	- Hai persoas que recorreron xa, normalmente presentando un recurso de alzada. Nese caso, deben ir ata o final, presentando recurso contencioso e os recursos posteriores que sexan necesarios ata obter unha sentenza firme.
 
 
 
SE DETEMOS O PROCESO E LOGO FOSE GAÑADO POLOS SINDICATOS NON SE PODERÍA RECLAMAR A PAGA EXTRA.
 
QUE FACER SE AS SENTENZAS PRESENTADAS POLOS SINDICATOS SON POSITIVAS?
 
	- No caso de que haxa sentenzas firmes e estas sexan positivas solicitaríase unha extensión da sentenza para quen quixese reclamar.
 
CASOS ESPECIAIS: XUBILACIÓN
 
	- As persoas que se xubilaron entre o 1 de xullo de 2012 e o momento do ingreso da paga extra, terían distinta retribución dependendo do tempo traballado nese período. Neses casos recomendamos esperar (o prazo tamén é ata 2015) ás sentencias xenéricas e despois solicitar a extensión de sentenza.
 
 
 
RETRIBUCIÓNS DIGNAS DIGNIFICAN O LABOR DOCENTE !!!
 documento en pdf