STEG ó día · STEG opina

05-09-2012

Manifestación en Santiago ás 11:30h desde a Alameda

O 8 de setembro defende os servizos públicos

Desde o STEG chamamos a participar na manifestación nacional que este sábado 8 de setembro percorrerá ás rúas de Compostela na defensa dos servizos públicos e do emprego público.

Tanto o goberno central como o da Xunta teñen deixado claro coas medidas tomadas ata o momento que a única resposta que pensan dar á actual situación de crise económica é cargar sobre as costas da cidadanía as consecuencias da especulación financeira e inmobiliaria que a causou. Ao tempo que rescatan bancos con cantidades indecentes de cartos públicos - mesmo “indemnizando” con despidos cos que poderían vivir ducias de familias aos responsables da súa bancarota- recortan na cobertura sanitaria dos medicamentos do conxunto da poboación, eliminan a atención médica a persoas “sen papeis”, precarizan aínda máis a atención ás persoas dependentes, dificultan o acceso das familias para a adquisición de material escolar, recortan no cadro de persoal de todos os sectores públicos,cando non privatizan directamente todo o servizo…

Nesta grande estafa chamada crise, na que o que dá beneficios se privatiza, e o que non é económicamente rendible faise público (semella que a única banca pública que imos ter polo de agora é o chamado “banco malo”), o funcionariado está a sufrir un forte proceso de empobrecemento ao tempo que toda a sociedade, especialmente os sectores máis desfavorecidos, sofre no seu benestar os recortes que o goberno do PP está a aplicar.

O sábado día 8, o STEG maniféstaste en defensa dos servizos públicos: porque queremos deter esta involución social, porque queremos vivir nunha sociedade cada vez máis xusta e non o contrario,porque sabemos que o que nos están a arrebatar non é con “carácter temporal”, porque tanta indecencia nos indigna.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza