Hoxe, día 14 de xaneiro do 2013 o Conselleiro de Cultura e Educación anunciou que o seu departamento convocará este ano oposicións a infantil e primaria "que superarán as 200 prazas".
Para situarnos, algunha cifras:
- Volve a non haber oferta para os corpos de Secundaria.
- No ano 2012 non houbo oferta pública de emprego argumentando, desde a administración, que sería unha convocatoria inevitablemente con poucas prazas.
- No ano 2011 ofertáronse 250 prazas para o corpo de mestres e 18 prazas para o corpo de profesores de artes plásticas e deseño.
- Nos anos anteriores a estes recortes: No 2010 houbo 600 prazas para o corpo de mestres e 292 para os corpos de secundaria. No 2009 houbo 740 para mestres. No 2008 houbo 928 para mestres, 838 para PES, 82 para PTFP, 31 para EOIs e 35 para PMUS
Di, tamén o Conselleiro, que "Galicia pode presumir dunha baixas taxas de temporalidade e non renuncia á estabilidade no emprego público, neste caso no sector educativo, especialmente nos ámbitos do ensino de idiomas e na atención á diversidade".
Que cara máis dura! Baixas taxas de temporalidade! Se se pasou de nomear 312 interinidades no concurso de provisionais para primaria, para o curso 10-11 a 547 (
aumento dun 75%) no curso 12-13 e de nomear 110 interinidades para secundaria, para o curso 10-11 a 529 no 12-13 (
aumento dun 380%). Ou e que para o noso Conselleiro as interinidades non son traballo precario e temporal? Que estabilidade pode acadar o profesorado de secundaria se non sae oferta pública de emprego? E o do corpo de mestres se tan só saen 200 misérrimas prazas?
Vemos, pois, que serían necesarias moitas máis prazas para evitar a precarización en que se atopa un profesorado interino que ve cada vez máis lonxana a posibilidade de estabilizar a súa situación e a milleiros de graduados e graduadas que non poden acceder a unha praza pública.
Desde o STEG lembramos que o goberno de Galiza está en condicións para presionar en Madrid contra a decisión de non cubriren máis que o 10% das xubilacións, polo que esiximos á Consellaría que convoque urxentemente unha comisión que analice as necesidades reais do sistema educativo galego a curto e medio prazo, que serva para facer
uha Oferta Pública de Emprego planificada para este e vindeiros anos, co obxectivo non só de repoñer o profesorado xubilado e o que se precise a maiores, senon de respectar ao profesorado interino e ás/aos estudantes que aspiran a acceder á docencia e que ven como cada ano teñen que estar pendentes dunha convocatoria de oposicións arbitraria e sen a mínima marxe de tempo imprescindible para concurrir en condicións ás probas.
OPE presentada pola Admon na mesa do 24/01/2013
Permanente do Secretariado Nacional
xaneiro do 2013