STEG ó día · STEG opina

17-03-2015

NON ao 3+2 e ás reformas privatizadoras do ministro Wert

Folga na Universidade Pública o 24 de marzo

O STEG apoia a folga do 24 de Marzo en defensa da Universidade pública
NON ao 3+2 e ás reformas privatizadoras do ministro Wert

 

O Sindicato STEG apoia a folga que vai ter lugar o vindeiro 24 de marzo en todo o Estado no ámbito das Universidades públicas para solicitar a derrogación do RD 43/2015, polo que se estabelece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (o coñecido coloquialmente como 3+2), e para esixir a retirada dos novos proxectos de acreditación de Universidades e de creación e recoñecemento de centros.

A política universitaria do Partido Popular segue o mesmo camiño que o emprendido cos demais niveis da educación pública, impoñendo unha reforma sen diálogo coa comunidade educativa e sen debate político, que se orienta en beneficio das elites e dos intereses privados e do mercado. Desde a modificación en 2012, por Decreto-lei, da Lei Orgánica de Universidades, estamos asistindo á suba do importe das matrículas, ao aumento da dedicación docente do profesorado, á redución dos cadros de persoal, á limitación dos orzamentos das Universidades por parte das Comunidades Autónomas e á diminución do número de bolsas e das súas contías.

Rexeitamos o RD do 3+2 por atentar contra a igualdade de oportunidades, ao encarecer os estudos universitarios e expulsar así dese ámbito o alumnado con menos recursos económicos.

Rexeitamos a desregulación e flexibilización na creación de novos centros e universidades, porque é unha estrataxema para favorecer e priorizar as universidades privadas.

Rexeitamos, por último, que un novo sistema permita acreditacións menos obxectivas e que infravalorice a experiencia docente.

 

 

Secretariado Nacional do STEG
17 de marzo de 2015

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza