STEG ó día · Novas

16-09-2025

O 25 TODAS E TODOS Á FOLGA, SOBRAN OS MOTIVOS!

Querida compañeira, querido compañeiro,

O STEG chama a todo o profesorado galego á folga educativa o vindeiro xoves 25 de setembro. A situación que padecemos non dá máis de si: masificación nas aulas, exceso de burocracia, recortes constantes, horarios abusivos, precariedade do profesorado interino, falta de recursos para atender a diversidade... En definitiva, un sistema que nin coida o profesorado nin garante o dereito a unha educación pública de calidade.

Esta folga, á que nos sumamos por responsabilidade co conxunto da profesión docente, pretende paralizar as aulas de todo o país e forzar á Consellaría a negociar cuestións tan urxentes como:

Recuperar o horario lectivo de 18 horas en Secundaria/FP e 21 en Infantil e Primaria.
Reducir ratios de maneira inmediata e efectiva.
Recuperar as perdas salariais acumuladas.
Reincorporar profesorado para atender a diversidade e ao alumnado máis vulnerábel.
Restituír o dereito do profesorado interino a cobrar os meses de verán.
Acabar coas materias afíns obrigatorias e o control ideolóxico da Inspección.
Aplicar un plan real de redución da burocracia.
Flexibilizar a xornada laboral reducindo horas lectivas a partir dos 55 anos.

???? Se a Consellería non se senta a negociar, o STEG traballará dende o 26 de setembro, para elaborar un calendario de mobilizacións buscando a maior unidade sindical posible que remataría nunha folga indefinida.

???? O 25 de setembro paramos todo o ensino público galego.
Porque só loitando xuntas e xuntos seremos quen de recuperar os nosos dereitos e defender unha educación pública digna.

???? Axuntamos o cartaz da folga: pedímosche que o imprimas e o pendures no teu centro de traballo para dar visibilidade a mobilización.

✊ Contamos contigo!
 

CARTAZ DA FOLGA

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza