18-04-2013 O Consello Escolar de Galiza rexeita o novo Decreto
Comedores escolares
O Consello Escolar rexeita o novo Decreto de comedores
Este órgano consultivo, no que están representados todos os sectores da comunidade educativa, rexeitou o texto do novo Decreto de comedores que implanta o repago ao alumnado que ten dereito ao transporte escolar gratuito.
O pleno celebrado onte aprobou a emenda que esixía a súa retirada con 17 votos a favor 13 en contra e unha abstención.
O STEG esixe á Consellería que retire esta norma inxusta.
O noso argumentario contra esta norma podedes atopalo
aquí
Permanente do Secretariado Nacional
abril de 2013