Educación Infantil. 1º Ciclo (0-3 anos)
O despedimento de 61 traballadoras e traballadores das Oficinas de I + B, integradas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, por parte dos xestores da nova Xunta supón unha nova mostra do empeño do goberno galego en reducir servizos públicos xa consolidados.
O STEG solidarízase con estas traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que prestan importantes servizos en eidos como a atención á infancia, o coidado dos maiores, a protección de mulleres vítimas da violencia machista ou o fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres entre outros. O noso sindicato avoga polo mantemento destes servizos públicos, que dan cobertura a sectores cada vez máis castigados e vulnerables na actual conxuntura económico-social.
Perante esta situación, o STEG denuncia a política de recortes sociais da Xunta e apoia as persoas despedidas e as reivindicacións que están a levar a cabo.
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps