STEG ó día · STEG opina

09-03-2010

O STEG consegue que se aplique o acordo tal e como foi asinado entre a Consellería de Educación e as organizacións sindicais sobre as condicións de traballo do profesorado itinerante.

Profesorado itinerante

Grazas as xestións feitas polo STEG en relación á falta de coordinación entre a Consellería e a Xefatura Territorial da provincia de Pontevedra onde se estaba a enviar aos centros, dende a inspección educativa, instrucións dicindo que o profesorado itinerante que non itinerase entre dous ou máis centros, no mesmo día, non terían dereito á compensación horaria semanal que aparece no acordo.

A Subdirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a instancia do STEG, comprometeuse a ditar unhas instrucións claras onde se reflicta que as condicións laborais do profesorado itinerante na provincia de Pontevedra serán as mesmas que nas restantes provincias, ao non haber ningunha modificación do acordo que asinamos as organizacións sindicais coa Consellería respecto as condicións de traballo do profesorado itinerante.

O STEG congratúlase desta decisión da Consellería pero amosa a súa sorpresa e rexeitamento polas interpretacións, sempre modificando á baixa as condicións laborais do profesorado, que algunhas persoas fan dos acordos xa asinados e que estaban desenvolvéndose dun xeito aceptable.

Documento en pdf para imprimir

Secretariado Nacional do STEG
outubro 2009

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza