CXT-Vacantes corpo secundaria
A Consellaría non cubre preto de 200 xubilacións LOE no CXT de secundariaPublicadas o martes 24 de maio as vacantes definitivas do concurso xeral de traslados do corpo de PES, atopámonos con que a Consellaría non saca a concurso 186 vacantes producidas polas xubilacións LOE.
O feito é moito máis grave se temos en conta que máis dun cento desas vacantes contaban co informe positivo da inspección educativa.
É difícil saber en que criterios se basea a Consellaría para facer este recorte pois, como dicimos, a maioría son vacantes completamente consolidadas e evidentemente imprescindibles para o normal funcionamento dos centros.
Aínda que con menor incidencia cuantitativa, non deixa de chamar a atención a aparición de certas vacantes que non se rexen por ningún criterio: por que no caso das defunción producidas no 2011 unhas saen neste concurso e outras non?
Non entendemos que saia como vacante definitiva a deixada por unha persoa proposta para os EOE antes de ser definitivo o proceso de selección.
Desde o STEG faremos as oportunas reclamacións, comezando na mesa sectorial de mañá xoves, diante da administración, pero ao mesmo tempo animamos a todos os centros a reclamar aquelas vacantes que consideren necesarias para o seu funcionamento.
En función da resposta da administración estudaremos as posibilidade de mobilizacións coas outras organizacións para evitar outro recorte no ensino público.
Documento co número de vacantes por especialidades
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps