FOLGA XERAL DO 27 DE XANEIRO
Dende o ano 2008 en Galiza, e no resto dos países desenvolvidos, vívese unha situación de crise económica cualificada de histórica e comparábel, segundo algunhas análises, á crise do 29 do século pasado. No caso do estado español, ao contaxio da crise financeira mundial, engádeselle o estoupido da chamada burbulla inmobiliaria. Antes deste estoupido, os bancos e o sector da construción, co pulo de políticas dirixidas polos distintos gobernos e postas en práctica polo Banco de España, amasaron importantes beneficios que incentivaron a creación da burbulla.
Cal foi a reacción política inmediata? Nun primeiro momento, como non podía ser doutro xeito, recoñeceuse como culpábeis ao sector financeiro e ao inmobiliario, facendo fincapé no desregulamento existente e afirmando a necesidade dun maior control político da economía. Mais pasado ese momento inicial, a medida que se tomará, presentándoa como condición necesaria para a saída da crise, é a salvación da banca coa inxección de sumas de diñeiro público case inimaxinábeis.
A seguinte pregunta que nos debemos facer é: reverteu esa acción na saída da crise, especialmente freando o aumento do desemprego? É obvio que non; malia isto comezou a agromar unha liña de pensamento, hoxe instalada na meirande parte da clase política -e mesmo en amplos sectores sociais-: a saída da crise pasa por reducir o gasto público e as garantías de dereitos laborais, conseguidos ao longo do século XX.
Dende o sindicalismo alternativo, STEG e o Sindicato Ferroviario en Galiza (SF-Intersindical) queremos denunciar que, a máis da práctica liquidación do que nos queda de patrimonio público, esta proposta suporá drásticos recortes por varias razóns:
Nesta situación, a reacción das traballadoras e dos traballadores debe ser clara e firme. Por iso desde o STEG e o Sindicato Ferroviario en Galiza (SF-Intersindical), sabedores das dificultades destas accións, facemos un chamamento a toda a cidadanía para que se sume á FOLGA XERAL en Galiza do día 27. Somos conscientes do tortuoso do camiño e, tamén, da dificultade para deter esta deriva de recortes das conquistas sociais conseguidas, mais tamén temos a responsabilidade de mostrar unha acción que sirva para afirmar que hai outro camiño e outras solucións. Se agora non actuamos estaremos a validar, co silenzo ou a pasividade, a mesma liña de economía e de política que nos levou a esta situación e que semella non ter chegado ao final no seu ataque ás conquistas sociais.
Decreto servizos mínimos
Mobilízate connosco