STEG ó día · STEG opina

30-09-2020

O STEG emprende medidas para a atención por parte da Consellería do profesorado e alumnado con diversidade funcional auditiva

COVID E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O STEG, en cumprimento de parte dos acordos acadados o pasado sábado 26 de setembro no seu último Secretariado Nacional, vén de dirixirse á Consellería para demandarlle que tome medidas, no camiño de resolver as problemáticas de parte do profesorado e alumnado con diversidade funcional auditiva.

O sindicato tivo constancia neste comezo de curso de varios casos de compañeiras (na provincia de Pontevedra e Coruña) que, presentando diversidade funcional auditiva en distintos graos e formas vense, no actual contexto, impedidas para desenvolveren con normalidade o seu traballo. As máscaras faciais contempladas para uso do profesorado, nin no Protocolo da COVID-19 nin nas especificacións da versión para o alumnado con necesidades educativas especiais, reflicte a posibilidade do uso das máscaras transparentes para o profesorado (porén, si se contempla esa adaptación para o alumnado).

Paralelamente, tivemos constancia tamén de que está a haber certas incidencias relativas á dotación de intérpretes de linguaxe de signos, referidas á súa ausencia en centros que así o precisan.

No camiño de tentar solventar esta situación e avanzar na resolución destas problemáticas, o STEG rexistrou hoxe mércores por escrito dous documentos (ver documento adxunto co escrito), un dirixido ao titular da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra e outro ao titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Paralelamente, o STEG acordou incorporar esta cuestión para o seu tratamento e debate nas catro Xuntas de Persoal de cada unha das provincias.

Entendemos que o actual contexto non debe impedir que o profesorado e o alumnado con diversidade funcional e/ou necesidades educativas especiais vexa comprometidas as súas condicións de traballo e o seu dereito á educación en condicións de igualdade de oportunidades, atendendo aos principios de equidade, inclusión e xustiza social.

Paralelamente, o STEG iniciou contactos con algúns grupos parlamentarios que mostraron intención de levar estas situacións ao Parlamento e, nos próximos días, deberan concretarse en reunións coas traballadoras afectadas.


- documento en pdf

 


COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

 

30 DE SETEMBRO DE 2020

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza