STEG ó día · STEG opina

18-06-2013

O STEG pide ao CEE que rexeite esta reforma

Proxecto de RD sobre contía das becas e axudas ao estudo

O STEG PIDE AO CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO QUE REXEITE A REFORMA NO SISTEMA DE BECAS QUE PROPÓN EDUCACIÓN

O STEG, a través da Confederación de STES-i na Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado, presentou unha proposta de ditame alternativo na que se pide ao Ministerio de Educación que non reforme o sistema de becas. A razón fundamental na que se basea esta petición é que as becas e axudas ao estudo reduciríanse drásticamente, aumentando o número de alumnado que tería que abandonar os seus estudos universitarios no caso de aprobarse a proposta do MEC.

A Comisión Permanente do CEE debe ditaminar mañá día 18 o “Proyecto de Real Decreto por el que se establecen los umbrales de renta y patrimonio familiar y las cuantías de las becas y ayudas al estudio para el curso 2013-2014 y se modifica parcialmente el Real Decreto 1721/2007, de 21 de diciembre, por el que se establece el régimen de becas y ayudas al estudio personalizadas”, (para velo pincha aquí). Este ditame farase fóra do prazo legal, pois o RD 1721/2007, de 21 de decembro, que estableceu o réxime de becas e axudas ao estudo, establece na súa Disposición Adicional primeira que se podía modificar no primeiro trimestre de cada ano, e estamos en xuño, é dicir, fóra de prazo.

Pero a cuestión máis importante é que se pretenden rebaixar as contías fixas das becas de 3.500 euros a 1.500 ao tempo que se endurecen os requisitos académicos para obter unha beca.

O STEG denuncia que este goberno continúa coa súa política de recortes tendentes a reducir a porcentaxe que se destina á Educación atentando agora contra a igualdade de oportunidades e o dereito á educación do alumnado que necesita axuda para poder cursar os seus estudos. É por isto que pedimos á Comisión Permanente do CEE que rexeite o proxecto de Real Decreto no que está a traballar o Ministro Wert.

Secretariado Nacional do STEG
xuño de 2013

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza