STEG ó día · STEG opina

04-02-2014

O STEG pide ao MEC que os publique todos

Títulos de FP Básica que se corresponden cos PCPI

O STEG PIDE AO MEC QUE PUBLIQUE TODOS OS TÍTULOS DE FP BÁSICA QUE SE CORRESPONDEN COS ACTUAIS PCPI
 
A imposición da aplicación pola vía rápida da LOMCE por parte do MEC implica a transformación dos actuais PCPI na FP Básica que comezará a impartirse o vindeiro curso.

No pasado mes de decembro o STEG, ante a presentación do proxecto de RD de implantación de dita FP, xa denunciamos a falta de diversos títulos de FP Básica para que se seguiran impartindo todos os PCPI en vigor, e dirixímonos ao Director Xeral de FP esixíndolle a publicación de ditos títulos.

A mesma esixencia trasladamos á Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado que informou sobre o proxecto de "RD por el que se regulan aspectos específicos de la Formación Profesional Básica de las enseñanzas de formación profesional del sistema educativo, se aprueban catorce títulos profesionales básicos y se fijan sus currículos básicos", pois cremos necesario, e así fixémosllelo saber ao MEC, a necesidade de que se regulen os títulos Profesionais Básicos do conxunto de Familias Profesionais existentes, pois si a regulación se limita aos que se publican neste RD estaríase limitando a oferta ao alumnado e se perderían postos de traballo.

O Ministerio comprometeuse a sacar 6 novos títulos, aínda que non quixo concretar para cando. O STEG esixe que sexa rápido, de tal xeito que poidan impartirse o vindeiro curso.

O STEG insta novamente ao MEC e á súa Dirección Xeral de FP a que asuma e desenvolva estas propostas do Consello Escolar do Estado.

Secretariado Nacional do STEG
febreiro de 2014

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza