Eleccións sindicais 2010
ELECCIÓNS ENSINO NON UNIVERSITARIO 2010
Estas eleccións confirman a lexitimidade, entre o profesorado galego, do modelo do STEG
Desde o STEG queremos agradecer a nosa afiliación e a todo o profesorado galego a confianza depositada en nós nestas eleccións sindicais. A nosa felicitación quere estenderse a todo o profesorado pola alta participación rexistrada nesta xornada, esta participación indica a confianza do profesorado no sindicalismo como axente de defensa do ensino público fronte as políticas conservadoras, políticas empeñadas en considerar a educación pública como un gasto e non como un dereito de toda a cidadanía e un investimento de futuro.
Todas as persoas que formamos parte deste proxecto asumimos, estes resultados con moita responsabilidade sabedores da obriga de traballar máis e mellor por un ensino máis público que consiga e consolide unha sociedade igualitaria.
O STEG estará en todas as xuntas de persoal para defender a calidade do ensino público mais non queremos deixar de lamentar que o aumento de votos non se acompaña dun aumento de delegadas/os, polo que non manteremos a nosa presenza na mesa sectorial.
Os resultados do STEG, e das eleccións no seu conxunto, deben interpretarse, por parte da Consellaría, como un rexeitamento á súa política educativa centrada nos recortes do profesorado, no apoio ao ensino privado concertado, na propaganda institucional e no ataque á lingua galega.
Resultados eleccións sindicais 2010
|
STEG
|
ANPE
|
CIG
|
CCOO
|
CSIF
|
UGT
|
TOTAL
|
|
GALIZA
|
Delegadas/os
|
14
|
18
|
62
|
27
|
3 |
22
|
146
|
Variación 2006 |
=
|
+1
|
+9
|
= |
=
|
=
|
+10
|
|
Nº votos
|
2003
|
2264
|
8785
|
3355
|
|
2817
|
||
Variación 2006
|
+100
|
-282
|
+301
|
-810
|
|
-642
|
||
Variación en porcentaxe
|
+5,3%
|
-11%
|
+3,5%
|
-19,4%
|
|
-18,6%
|
||
A Coruña
|
Delegadas/os
|
5
|
5
|
23
|
9
|
-
|
5
|
47
|
Variación 2006 |
+1
|
=
|
+4
|
=
|
|
-1
|
+4
|
|
Nº votos
|
810 |
770
|
3620
|
1333
|
379
|
753
|
|
|
Variación 2006 |
+174
|
-153
|
+203
|
-304
|
+97
|
-313
|
|
|
Lugo
|
Delegadas/os
|
3
|
5
|
10
|
3
|
3
|
5
|
29
|
Variación 2006
|
=
|
=
|
+2
|
=
|
=
|
=
|
+2
|
|
Nº votos
|
290
|
535
|
1036
|
256
|
358
|
530
|
|
|
Variación 2006 |
-41
|
-77
|
+57
|
-160
|
-41
|
-140
|
|
|
Ourense
|
Delegadas/os
|
2
|
5
|
8
|
8
|
-
|
4
|
27
|
Variación 2006 |
-1
|
+1
|
+1
|
=
|
-
|
+1
|
+2
|
|
Nº votos
|
204
|
449
|
703
|
715
|
52
|
321
|
|
|
Variación 2006 |
-87
|
+70
|
+15
|
-116
|
-
|
-11
|
|
|
Pontevedra
|
Delegadas/os
|
4
|
3
|
21
|
7
|
-
|
8
|
43
|
Variación 2006 |
=
|
=
|
+2
|
=
|
-
|
=
|
+2
|
|
Nº votos
|
699
|
510
|
3426
|
1051
|
63
|
1213
|
|
|
Variación 2006
|
+52
|
-122
|
+23
|
-237
|
-
|
-178
|
|
Secretariado Nacional do STEG
10 de decembro do 2010