Tranporte escolar
O día 5 de novembro, aprobouse polo Consello da Xunta de Galicia o Proxecto de Lei de medidas urxentes para a modernización do sector do transporte público por estrada en Galicia.
Este paquete de medidas, que supón a renovación aos concesionarios de dito transporte por un período de dez anos, afecta ao transporte escolar, e polo tanto a toda a comunidade educativa.
Dende o STEG, cremos que este tipo de aprobacións non se poden levar a cabo sen contar cos centros, coas familias nin coas organizacións sindicais.
Pensamos que é moi grave que se aproben Proxectos de Lei como este que permiten que a xornada escolar dos centros veña determinada por empresas de transporte e non polo Consello Escolar, nin atendendo a criterios pedagóxicos. Consideramos tamén que hai outros aspectos prioritarios que hai que mellorar ao respecto: seguridade, vixilancia..., e non só, como se sinala: “explotación...flota...equipamento...”.