Escolas Oficiais de Idiomas
Na asemblea do profesorado das EEOOII celebrada o 22 de setembro no IES Fontiñas en Compostela acordouse seguir coas mobilizacións para conseguir que o Conselleiro mude a súa actitude autoritaria e xorda ante o conflito que se está a vivir nas Escolas de Idiomas.
As reivindicacións do colectivo do profesorado seguen a ser as mesmas que hai dous meses: retirada da circular 5/2009. Ante a actitude represiva que está a levar a cabo a Consellería de Educación a través das inspeccións o colectivo do profesorado das EEOOII expresou o seu malestar e a intención de seguir manifestando a oposición á circular que supón unha diminución da calidade do ensino de idiomas e do servizo ao alumnado das mesmas.
Na asemblea acordáronse as seguintes accións:
Ferrol: 5 e 6 de outubro
Pontevedra: 7 e 8 de outubro
A Coruña: 13 e 14 de outubro
Vigo 15 e 16 de outubro
Compostela: 19 e 20 outubro
Ourense: 21 e 22 outubro
Desde o STEG felicitamos a todo o profesorado polo apoio que están a recibir as mobilizacións e animámolos a proseguir xa que a unidade e a continuidade serán factores determinantes na consecución das nosas reivindicacións: a defensa dun ensino público que pasa tamén pola dignificación e o respecto ao profesorado.
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps