CXT 2013
A sección 1ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de emitir dúas sentenzas (a 735/2014 e a 737/2014) – con poñentes diferentes en cada caso- nas que se valora, na convocatoria do concurso de traslados, ao funcionariado de carreira os servizos que estes prestaron como interinas/os. Para iso, ambos os dous fallos revogan as 2 sentenzas do xulgado número 2 do contencioso - administrativo de Santiago de Compostela que anulaba parcialmente a Orde de 16 de outubro de 2013.
O TSXG aplica a xa coñecida doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) sobre a diferenza de trato entre persoal fixo e persoal temporal onde a non valoración do tempo traballado como interinas/os resultaba contraria á Directiva 1999/70 tal e como era aplicada polo TJUE.
Ante a nova situación xerada xurden algunas cuestións:
1.- O TSXG pode ditar unha sentenza contraria á xurisprudencia do Tribunal Supremo?
2.- Que recursos caben contra a sentenza:
A sentenza é recorrible en casación por interese de lei, este recurso só o poden interpoñer:
- A Xunta.
- A Administración xeral do Estado
- O Ministerio Fiscal
Pode ser que a Fiscalía interpoña recurso neste caso, pero non é fácil prever se o fará ou non; teñen 3 meses para pensalo.
É moi dubidosa a posibilidade de interpoñer recurso de casación en unificación de doutrina. Este recurso, no seu caso, o poderían interpoñer as partes no procedemento no prazo dun mes dende a data de notificación da sentenza.
3.- Sobre o CXT estatal do 2014:
Como é moi probable que o CXT do 2014 sexa recorrido, tamén é moi probable que se repita a situación de inseguridade que temos padecido estes últimos meses pero no ámbito estatal, está claro que finalmente terá que volver a pronunciarse o Tribunal Supremo sobre a cuestión e moi posiblemente chegará a ser preciso que o propio TJUE tamén se pronuncie.