O INFORME XURÍDICO ENVIADO AOS CENTROS DESDE A CONSELLARÍA NON CREA OBRIGA AO NON TRATARSE DUNHA CIRCULAR CON INSTRUCCIÓNS.
Desde o STEG rexeitamos a actuación da Administración ao enviar este informe xurídico do 2007 –relativo ás gardas de alumnado antes do comezo e do remate das clases- sementando conflicitividade nos centros educativos e co que, lonxe de abordar a solución dun problema real, elude unha vez máis a súa responsabilidade trasladando a problemática ás direccións dos centros.
Resúltanos inadmisible a situación de desamparo legal na que coloca ao profesorado con este proceder, así como, obviamente, a posible desatención do alumnado neste período de tempo.
Desde o STEG rexeitamos calquer proceder que leve de facto á alteración dos Regulamentos Orgánicos de Centros e demandamos á Consellaría que respete os ámbitos de negociación do profesorado nos que se determinan o horario e as funcións, así como manobras para modificar os instrumentos normativos dos centros sen seguir os cauces legais.
A día de hoxe, o profesorado non ten a máis mínima obriga de facer estas gardas ,nin os centros de modificar a Programación Xeral Anual, polo que recomendamos, tanto aos centros como a todo o profesorado, facer caso omiso de dito informe.
Secretariado Nacional do STEG
Novembro 2010
Pdf para imprimir