Profesorado Interino e permutas
A Consellería volve a dar mostras do seu facer lesivo dos dereitos adquiridos nos últimos anos; neste caso, o obxecto do seu ataque é o profesorado interino, a quen pretende deixar sen o dereito a permutar neste curso escolar 2009-2010.
En contra do criterio e da práctica habitual de anos pasados, a Consellería vai tomar a decisión, sen consultar ás OO SS, que o profesorado interino non ten dereito a permutar. Para amparar ese cambio de criterio na legalidade vixente argumentan o seguinte:
No STEG non ignoramos que esa alegación obedece a razóns de tipo político, pois a orde estaba consensuada polas OO SS, recoñecida pola Administración e aceptada polo profesorado, tanto interino como funcionario.
Dende o STEG denunciamos, xa que logo, esta decisión política que vulnera dereitos adquiridos polo profesorado interino e que significa un retroceso na negociación de dereitos de aplicación no ámbito nacional non recoñecidos pola lexislación estatal.
Dende o STEG esiximos, xa que logo, a continuidade da práctica habitual dende o ano 2004, que non xeraba malestar nin implicaba custe económico ningún a maiores.
Secretariado Nacional do STEG
Galiza, setembro de 2009