Unha película tan dura como a realidade das mulleres en Afganistán.
Reflicte con realismo dramático a situación das mulleres viúvas e orfas de pai, ás que se lles nega o dereito ao traballo e, en consecuencia, a posibilidade de atender as mínimas posibilidades de supervivencia.
É unha cuestión de vida ou morte, a nai e a avoa de Osama apostan pola vida: córtanlle o cabelo para que pareza un neno e poida traballar e achegar algún alimento para soster a familia.
Cando Osama, que non ten máis de 12 anos, é descuberta no seu corpo de muller sabe que só lle queda a morte ou alg o peor: entregar a súa vida a quen poida mercala para violala .
Dura e lacónica, sen fisuras para o optimismo.