STEG ó día · STEG opina

27-05-2011

Os datos dos recortes nos últimos catro anos

FP - Formación en centros de traballo

OS RECORTES NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS NA FCT
Para este curso o recorte acadou o 50% das axudas
A Consellería de Educación continua, outro ano máis, cos recortes nas axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), obrigatoria en todos os ciclos formativos. No ano 2010 este recorte foi dun 50 % con respecto o anterior e para este curso a cantidade presupostada é aínda menor.

Os importes orzamentados foron diminuíndose da seguinte forma:

·   Ano 2008: 2.696.560 €
·   Ano 2009: 2.450.000 €
·   Ano 2010: 1.245.438 €
·   Ano 2011: 1.200.000 €

A magnitude destes recortes, que afectan directamente ao alumnado por ser estes os que reciben as axudas, adquire maior relevancia se temos en conta que no curso 2010/2011 matriculáronse nestas ensinanzas 3.714 máis que no 2008/2009, un 10,69 % máis; e 2.276 matriculados máis que no 2009/2010, un 6,29 % máis. É dicir, un incremento do 17 % de alumnado supuxo unha diminución do 50 %  nas axudas.

Cabe lembrar que estas axudas son en concepto de gastos de desprazamento e mantemento do alumnado durante os 2,5 ou 5 meses da súa estancia na empresa, da cal non poden percibir ningunha gratificación.

Para o STEG estas medidas poñen de manifesto as contradicións desta Consellería na defensa e promoción da Formación Profesional, e do Ensino público en xeral, xa que a isto hai que engadirlle o recorte no orzamento dos centros públicos para o curso 2010/2011, e un incremento dos concertos de ciclos formativos  para este curso

Secretariado Nacional do STEG
Maio 2011

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza