19-10-2011 Os novos temarios publicaranse en breve
Paralizado o Real Decreto de Acceso á Función Pública
O Ministerio de Educación vén de informar que se paraliza a negociación do Real Decreto de Acceso á Función Pública, polo que, previsiblemente, a próxima convocatoria de oposicións rexirase polo Real Decreto de Acceso 276/2007, do 23 de febreiro, actualmente en vigor.
Segundo información do propio Ministerio, a publicación no BOE dos novos temarios de oposición farase ao longo da vindeira semana. Desde o STEG informaremos puntualmente da publicación dos mesmos.