06-02-2015 Polas fillas dos nosos fillos
Maniféstate pola Lingua!
MANIFÉSTATE POLA LINGUA
Polas fillas dos nosos fillos
O STEG secundará finalmente a manifestación convocada pola Plataforma “Queremos Galego” para o vindeiro domingo, día 8 de febreiro en Compostela, baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos”.
A decisión foi adoptada por maioría tras un referendo interno celebrado entre o conxunto da militancia do sindicato.
O STEG reitera o seu compromiso firme coa lingua e apela á necesidade de unir esforzos para reivindicar outra política lingüística, dado o delicado momento que atravesa o idioma galego, como veñen de poñer de manifesto os últimos datos da enquisa do IGE.
Desde o STEG faise un chamamento a todos os sectores da comunidade educativa a participar nesta mobilización, en aras de conseguir, previa derrogación do malchamado “decreto de plurilingüismo”, un novo estatus do galego no ensino, que sirva para potenciar o seu uso e coñecemento, sen renunciar desde logo á adquisición de cantas máis linguas, mellor.
Secretariado Nacional do STEG
6 de Febreiro de 2015