STEG ó día · STEG opina

22-04-2010

Polo mantemento dos servizos públicos. Nin peche nin privatización dos comedores escolares

Concentración de CCOO-ensino, FETE-UGT e STEG o xoves 22 de abril, ás 11:30 da mañá, en San Caetano diante da Consellaría de Educación.

Os obxectivos deste acto son:
1.Mostrar o noso total desacordo coa decisión da Consellaría de pechar 8 comedores escolares nas provincias de Lugo e Ourense.
As organizacións convocantes manifestamos o noso total rexeitamento ao continuo desmantelamento de servizos públicos no rural. Ao mesmo tempo, denunciamos a posible privatización deste servizo de comedor a través de caterings ofertados por empresas privadas coa conseguinte diminución na calidade do mesmo.

Moito nos tememos, que en máis dun caso, este será o 1º paso para o peche destes centros escolares.

2. Queremos, así mesmo, facer un chamamento á Administración para que faga unha xestión eficaz dos recursos públicos dedicados aos comedores, evitando os retrasos no pagamento que leva a diminuír a calidade do servizo e traslada conflitividade aos centros só atribuíble a unha deficiente xestión.

 

Secretariado Nacional do STEG
Abril 2010

Documento en pdf para imprimir

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza