Lexislación · Profesorado · PERMISOS E LICENZAS · PERMISOS

Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar

Art. 3º-

Artigo Terceiro.-Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar.

A lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, no artigo 7 (sete), do capítulo I (Título II), modifica a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia nestes termos:

Modifícanse os números 1 e 2 do artigo 108, que quedan redactados como segue:

«1. Nos casos de accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise de repouso domiciliario do cónxuxe, parella de feito ou parentes ata o primeiro grao por consanguinidade ou afinidade, ou calquera outra persoa distinta das anteriores que conviva coa persoa funcionaria no mesmo domicilio e que requira o coidado efectivo daquela, o persoal funcionario ten dereito a un permiso de cinco días hábiles.

2. Nos casos de accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise de repouso domiciliario dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal funcionario terá dereito a un permiso de catro días hábiles.

No caso de falecemento do cónxuxe, parella de feito ou familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal funcionario terá dereito a un permiso de tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e de cinco días hábiles cando sexa en localidade distinta.


Enténdese que a enfermidade é grave se é algunha das enunciadas no anexo do Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e o desenvolvemento no sistema da Seguridade Social da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave ou na norma que o substitúa, ou cando así o determine o informe médico que clasifique unha enfermidade como grave de acordo co disposto no citado real decreto.

3. Nos casos de falecemento, os días en que se faga uso deste permiso deberán ser consecutivos e inmediatamente posteriores ao feito que xera o dereito a el. Nos demais casos, poderá facerse uso dos días de forma descontinua mentres persista o feito causante e ata o máximo de días establecido.


En todos os casos, computarase o día do feito causante unicamente cando a persoa non preste servizos ese día e lle correspondese prestalos.

4. Para os efectos do gozo deste permiso, considéranse inhábiles os sábados, domingos e festivos.

5. No caso de hospitalización, entenderase que esta se produce cando supoña a estadía hospitalaria que inclúe una noite e unha comida principal no centro hospitalario. Neste caso, se os días de hospitalización son inferiores ao tempo máximo deste permiso, este quedará limitado aos días de hospitalización, agás que esta hospitalización leve aparellado repouso domiciliario, xa que entón este tempo computará para completar o período máximo permitido.

6. Para os efectos de determinar a duración do permiso, terase en conta a localidade de residencia que o funcionario ou funcionaria teña comunicado previamente ao centro educativo ou, no seu defecto, á Administración educativa.
No caso de intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario, será a localidade en que se realice o repouso domiciliario a que debe tomarse como referencia con respecto ao termo municipal de residencia da persoa funcionaria. Neste caso se os días de repouso domiciliario son inferiores ao tempo máximo deste permiso, este quedará limitado aos días do repouso domiciliario.

7. Se durante o gozo deste permiso sobrevén o falecemento do familiar, suspenderase o permiso que se viña gozando e iniciarase o cómputo dun novo permiso.

CONCÉDEO : a dirección.

DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: As direccións dos centros educativos determinarán os documentos xustificativos necesarios.

graos de parentesco

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza