Desde o STEG estamos moi contentas de poder anunciarvos que VOLVE A REVISTA AULAS LIBRES!!! . Podes consultala na nosa web ou pedirnos o teu exemplar por 10€. Mercala en papel é unha forma de contribuir ao sindicato e a que esta segunda etapa da revista que nace no marco do Día das Letras Galegas, sexa imparábel. Dentro deste número de Aulas Libres atoparás entre outros moitos, artigos de Miguel Rodríguez Carnota, Natalia Cea, Carlos Callón, así como as fotografías de Alba Díaz "A lingua do futuro: o futuro da lingua".
Se queres o teu exemplar podes reservalo en: comunicacion@steg.gal
https://www.steg.gal/UserFiles/files/pdfs/publicacions/revista_aulas_libres/Aulas_Libres_13-.pdf