STEG ó día · STEG opina

17-06-2010

Recorte da oferta formativa na FP e aumento do número mínimo de alumnado por ciclo

Ciclos Formativos

A Consellería de Educación recorta en 20 ciclos a oferta de ciclos formativos para o vindeiro curso 2010-2011, 6 ciclos medios e 14 ciclos superiores. Continúa co desmantelamento do ensino público, afondando nas desigualdades entre provincias, xa que 7 dos ciclos que desaparecen son da provincia de Lugo.

Esta oferta leva ao peche de 4 ciclos en centros nos cales eran a única ensinanza de Formación Profesional, polo que o alumnado destas localidades (As Pontes de García Rodríguez, Becerreá, Monforte de Lemos e Ourense) verase obrigado a grandes desprazamentos para acceder a este tipo de ensinanzas.

O número mínimo de solicitudes, para cada ciclo formativo, increméntase de 8 a 12 nas cidades da Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de 6 a 8 solicitudes en cada centro do resto de Galiza. Este incremento vai provocar un recorte da oferta de ciclos no ámbito rural ca consecuente perda de servizos e dereitos do alumnado e da poboación en xeral.

Neste sentido, desde o STEG, esiximos que se incremente a oferta pública da Formación Profesional e non se valore o ensino público dende criterios de rendibilidade económica. A saída da crise económica, tal e como se fai noutros países da nosa contorna, debe contar cunha aposta firme e decidida pola formación das futuras xeracións.

Dende o STEG rexeitamos a forma de proceder da Consellería que debería ter pasado esta oferta formativa por unha Mesa Sectorial na que fose negociada coas OOSS.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


Horario das sedes:

10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)

16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)

 

A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps


 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza