28-01-2014 Unha batalla gañada
Privatización da sanidade en Madrid
Privatización da Sanidade en Madrid: Unha batalla gañada.
Despois de pouco máis dun ano, a acción colectiva de profesionais da sanidade, oposición cidadá e a accións xudiciais gañou a batalla, que non a guerra, da privatización da sanidade na comunidade de Madrid.
O presidente deu por finiquitado o proceso de privatización de seis hospitales, aínda que a xustiza non dixera se o seu plan era legal ou non, senón que, mentres se decidía xudicialmente, non se seguira con el.
A presión social mantida no tempo, a razón que os asistía e unha boa estratexia xudicial fixeron decaer do seu empeño ao presidente da comunidade de Madrid.
O STEG congratúlase desta nova ao mesmo tempo que felicita a todos aqueles colectivos que mantiveron a loita contra a privatización dunha sanidade pública que se atopa entre as mellores e menos custosas do mundo.
Queda moito por facer, pero énchenos de ledicia este gran paso, que amosa que, con unión e boas estratexias, SI SE PODE!!
Secretariado Nacional do STEG
xaneiro 2014