STEG ó día · STEG opina

03-07-2012

Unha volta aos camiños do goberno de Aznar

A reforma educativa proposta polo goberno central:

O Ministro de Educación vén  de presentar as liñas de traballo polas que discorrerá a súa reforma da actual Lei Orgánica de Educación (LOE, 2006) e faino menos de dous meses despois de ter imposto, a través do RD-lei 14/2012, unha serie de medidas, como o  aumento das ratios nas aulas e do horario lectivo do profesorado, que van claramente contra a calidade que agora din querer potenciar.

 

As liñas de traballo fundamentais que o Ministro expuxo se parecen moito á deostada e derrogada LOCE,  a lei de educación do goberno Aznar, que estabeleceu camiños desde 3º de Ed. Secundaria, obrigando ao alumnado a escoller entre a opción encamiñada á FP, ou a opción encamiñada ao Bacharelato, convertendo os estudos de FP en estudos de inferior categoría.

 

A redución de materias é outra liña de traballo que o goberno quere para a nova lei, polo que a primeira proposta coherente sería a desaparición da relixión como materia de obrigada oferta nos centros eudcativos. Calquera proposta de reducción de materias que non comece con esta medida non poderá ser considerada mínimamente seria,por moito que se invoque á calidade educativa para a defender.

 

A referencia a medidas como “o deenvolvemento de avaliacións externas, o incremento da transparencia dos resultados ou a promoción da especialización nos centros” agochan estratexias como a realización de exames de reválida ao alumnado ao finalizar as etapas educativas que servirán para elaborar rankings de centros que, ao se publicitar, condicionarán a matrícula do alumnado. A liberdade de escolla por parte das familias convertirase de facto nunha escolla por parte dos centros mellor avaliados do alumnado máis favorecido desde o punto de vista socioeconómico, o que levará á creación de centros públicos de primeira, segunda ou terceira categoría, así como ao reforzamento da rede de centros concertados, que xa aplican actualmente esta selección do alumnado. O propio documento entregado polo Ministerio, no que se recolle explícitamente a intención de medir a calidade educativa polos resultados do alumnado, sen ter en conta variables como o investimento realizado ou o número de docentes, explicita sen lugar a dúbidas a intención de non ter en conta as condicións de partida previas á hora de avaliar os resultados. Unha vez máis, a igualdade de oportunidades pretende medirse na meta de chegada sen ter en conta os distintos puntos de saída do alumnado, conculcando o máis elemental sentido da equidade.

 

A intención deste goberno responde claramente ao desexo de atallar o “fracaso escolar” segregando ao alumnado a idades máis temperás, eliminando deste xeito os obxectivos dunha educación integral ata os 16 anos.Lonxe de poñer o remedio – e os medios- nas idades nas que se comeza a fraguar, confórmanse con esconder este fracaso debaixo da alfombra dos intinerarios.



Secretariado Nacional do STEG

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza