STEG ó día · STEG opina

30-09-2010

Valoración da folga do 29-S no ensino

O ensino galego non funcionou con normalidade pola folga xeral
 
Entre o profesorado e o seguimento por parte do alumnado, practicamente ningún centro funcionou con normalidade. A isto hai que engadir ás numerosas familias que optaron por secundar o paro non levando as fillas e fillos aos centros educativos.
 
Para o STEG, o paro no conxunto da sociedade do día de onte, debe ser o punto de inflexión que leve ao goberno do Estado e ao Goberno da Xunta a deter as políticas de precariedade laboral e de redución dos servizos públicos. No ámbito do ensino, a Consellaría debe deixar de velo como un gasto e interpretalo como un dereito innegociable, así coma unha inversión (á clase política éncheselle a boca dicindo isto constantemente) para saír da crise na que se nos meteu.
 
Non queremos deixar a ocasión de salientar que o seguimento entre o profesorado non foi o agardado. Isto debeuse, entre outros factores, a que esta é a terceira folga que secunda este ano. Neste sentido, desde o sindicalismo debemos facer unha reflexión que nos leve a mellorar o noso discurso e estratexia para contrarrestar o discurso contrario á mobilización.
 
É preocupante a sensación existente de que as mobilizacións non poden cambiar as decisións políticas polo que trunfa a idea de que “a folga non serve para nada”. Por outra banda, a falla de unidade sindical non axuda a cambiar esta percepción.
  
Desde o STEG queremos felicitar á comunidade educativa nesta xornada reivindicativa asumindo que seguiremos a traballar para evitar o desmantelamanto dos servizos públicos. Servizos imprescindíbeis para toda a cidadanía.
 
 
Secretariado Nacional do STEG
Setembro de 2010

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza