10-05-2013 Valoración da folga e manifestacións
Folga Xeral do Ensino: 9 de maio de 2013
O STEG felicita a toda a comunidade educativa polo éxito na xornada de folga de onte contra a LOMCE e pola súa participación masiva nas distintas manifestacións que se levaron a cabo nas cidades de Galiza.
As manifestacións e concentracións que se sucederon en distintos lugares do país, tanto na mañá como na tarde de onte, foron secundadas por milleiros de docentes, alumnas, alumnos, pais e nais nunha xornada sen precedentes que, por primeira vez, xuntou a toda a comunidade educativa na loita contra unha lei de educación.
Queremos transladar á toda a comunidade educativa a nosa satisfacción ante a nova de que a lei do ministro Wert cae da axenda do Consello de Ministros de hoxe, onde se tiña previsto darlle o visto bo para comezar o trámite parlamentario.
Animamos ao profesorado, estudantado, ANPAS e a toda a sociedade que se nos queira unir a seguir participando nas mobilizacións que contra esta lei se fagan, xa que como se ve, se imos xuntas e xuntos, se somos moitas e moitos, SI SE PODE!