Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio
CONVOCATORIAS ANUAIS

Para o profesorado

Postos a cubrir por concurso de méritos.
Actividades de formacion de Inglés, Frances e Artes Plásticas.
Programa PALE.
Comisións de servizo por motivos de saúde.
Educación no exterior.
Asesores, docentes, intercambio posto a posto...
Fondo de Acción Social.
Licenzas por estudos.
Permutas provisionais.
Reintegro gastos por formación.
Selección de directores/as.

MUFACE

 

 

Para os centros

Escolas viaxeiras.
Premios á innovación educativa sobre temas transversais.
Premios á tolerancia
Premios da Federación de libreiros.
Premios SIEGA.
Rutas literarias.

Para o alumnado

Aulas de Natureza.
Prazas residencias nos CDR.
Actividades inmersión lingüística.

XIV Premios Irmandade do Libro, da Federación de Libreiros de Galicia

Convocatoria 2005.

Características da convocatoria

XIV Premios Irmandade do Libro, da Federación de Libreiros de Galicia
A Federación de Libreiros de Galicia convoca os XIV Premios Irmandade do Libro, en varias modalidades entre as que se inclúe a de Centros de Ensino, dirixida aos centros públicos ou privados de Galicia.

Seleccionaranse tres colexios finalistas. O centro gañador recibirá, ademais dunha estatuíña de bronce, un cheque por importe de 1.500 € para a adquisición de libros en librerías da Federación de Libreiros, da zona á que pertenza o colexio galardoado. Os dous centros finalistas obterán un cheque por valor de 300 €, coa mesma finalidade, ademais dun diploma acreditativo.

Os centros interesados en participar, deberán enviar unha memoria detallada do traballo realizado durante o ano 2004 en relación co libro e a lectura, e moi especialmente a favor do libro e a lectura en galego, así como as actividades realizadas a prol da cultura en xeral.
O xurado valorará a documentación, bibliografía e outros materiais que acompañen á memoria presentada.

A data límite para a recepción dos traballos, nos locais da Federación de Libreiros de Galicia, é o 25 de febreiro de 2005