Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio
CONVOCATORIAS ANUAIS

Para o profesorado

Postos a cubrir por concurso de méritos.
Actividades de formacion de Inglés, Frances e Artes Plásticas.
Programa PALE.
Comisións de servizo por motivos de saúde.
Educación no exterior.
Asesores, docentes, intercambio posto a posto...
Fondo de Acción Social.
Licenzas por estudos.
Permutas provisionais.
Reintegro gastos por formación.
Selección de directores/as.

MUFACE

 

 

Para os centros

Escolas viaxeiras.
Premios á innovación educativa sobre temas transversais.
Premios á tolerancia
Premios da Federación de libreiros.
Premios SIEGA.
Rutas literarias.
Rutas científicas

Para o alumnado

Aulas de Natureza.
Prazas residencias nos CDR.
Actividades inmersión linguística.

MUFACE

Concertos entre MUFACE e diversas entidades para prestar asistencia sanitaria durante 2010 e 2011 (BOE, 29/12/09)

UTILIZACIÓN DA TARXETA SANITARIA NOS DESPRAZAMENTOS A EUROPA, SUIZA, NORUEGA, LIECHTENSTEIN E ISLANDIA

Desde o día 1 de maio, o colectivo de MUFACE pode beneficiarse do uso da Tarxeta Sanitaria Europea. Isto supón que os e as mutualistas e beneficiarias de MUFACE, nos seus desprazamentos temporales pola Unión Europea, poderán acceder aos servizos públicos de saúde dos países que visitan ao igual que o fan na actualidade os afiliados ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

A entrada en vigor desta normativa da Unión Europea desde o 1 de maio permite que os e as mutualistas e beneficiarias de MUFACE gocen de acceso aos servizos públicos de saúde dos Estados membros da Unión Europea, Suiza, Noruega, Liechtenstein e Islandia durante os seus desprazamentos temporais por ditos países. Os Estados onde ten validez a Tarxeta Sanitaria Europea son os seguintes:

Alemania, Austria, Bélgica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Bajos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía, Suecia e Suiza.

Os documentos acreditativos para poder recibir a atención sanitaria son a Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) e o Certificado Provisional Substitutorio (CPS) da Tarxeta.

Ambos documentos teñen a mesma validez xurídica plena, son personais e intransferibles (polo tanto cada mutualista e cada un dos seus beneficiarios deberán dispoñer dun propio) e habilitan ao seu titular a recibir aas prestacións sanitarias que sexan necesarias, desde un punto de vista médico, durante a súa estancia temporal (por motivos de traballo, estudos, turismo, etc.), tendo en conta a natureza das prestacións e a duración da estancia e de acuerdo coa lexislación do país de estancia.

Máis información na web de MUFACE

AXUDAS PARA ATENCIÓN SOCIAL A MAIORES E OUTROS COLECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O ANO 2010

Convocatoria 2010
Os programas que se prevén son:

- Programa de axudas de patoloxía e termalismo social para maiores.
- Programa de axudas para a atención a enfermos psiquiátricos crónicos.
- Programa de atención a personas drogodependientes.
- Programa de axudas para estancias temporais en centros específicos durante periodos de convalecencia con perda transitoria de autonomía.
- Programa de axudas destinadas a enfermos celiacos.

MUFACE presenta como novidade para este ano 2010 dentro do paquete de Axudas para colectivos específicos a “Axuda para enfermos celíacos”. Poderán solicitar estas axudas aqueles mutualistas, ou no seu caso, os beneficiarios que padezan unha intolerancia ao glute.
As axudas se configuran coma unha contía anual que estará en función da capacidade económica do beneficiario da prestación, segundo o baremo establecido na convocatoria, sendo o máximo anual de 1.000 € e o mínimo de 250 €.
A ter en conta que un requisito desta axuda será o de acreditar que non se recibe nin se vai recibir axuda polo mesmo concepto doutro organismo público ou privado.

Solicitudes ata o 30/12/2010, dirixidas ao Servizo Provincial de MUFACE a que esté adscrito o titular.

ASISTENCIA SANITARIA


Axudas económicas complementarias de asistencia sanitaria (gastos de hospedaxe e manutención de enferma/o; 2ºgastos acompañante)
Regulamentación de determinadas axudas económicas complementarias de asistencia sanitaria. Resolución do 31 de marzo do 2009 (BOE, 14/04/09)

Beneficiarias/os: todas/os os mutualistas.
Requisitos:

  • gastos hospedaxe e manutención enferma/o: desprazamentos de máis de 50 km. da localidade de orixen para asistencia fóra do lugar de residencia (sempre que no exista posibilidade de asistencia na localidade de residencia e que esta non se prestase en réxime de internamento); desprazamentos de máis de 50 km (sempre fóra do municipio de residencia) para tratamentos ambulatorios prolongados.
  • gastos de acompañante : Sempre que o estado clínico así o precise e con prescrición emitida polo médico especialista. Cubren o transporte en médios ordinarios (salvo vehículo propio) e sempre e cando o paciente non sexa menor de 15 anos ou posúa un grao de discapacidade superior ao 65% (os gastos corren a cargo da entidade á que estan adscritos). Hospedaxe e manutención cando deba desprazarse a outra provincia por non existir na propia un centro para a asistencia adecuada, salvo menores de 15 anos (o abono deberá facelo a entidade onde este adscrito o menor)


Documentación: varia segundo os casos.

ADQUISICIÓN DE VIVENDA

Convocatoria 2009 de axudas para a adquisición de vivendas (BOE, 04/04/09) solicitude - certificado concesión crédito (presentación obrigatoria), prazo presentación ata o 31 de xaneiro de 2010.
Beneficiarias/os: mutualistas de MUFACE.
Requisitos:

  • Que a vivenda se atope nalgunha destas circustancias:
    • Fora adquirida polo mutualísta mediante compraventa no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009 (tomándose como data de referencia a da escritura pública).
    • Fora adquirida mediante construción polo mutualista no periodo antedito (tomando como data a do visado final da obra ou a do visado do Colexio Oficial de aparelladores e arquitectos técnicos). Non procederá axuda en casos de ampliación, remodelación ou rehabilitación dunha vivenda xa existente.
    • Que teña carácter de primeira vivenda e de domicilio habitual da/o mutualista.
    • Ter concedido á/ao solicitante por unha entidade de crédito un préstamo con garantía hipotecaria da vivenda en cuestión

Documentación: solicitude; certificado concesión de crédito e visados correspondentes.