Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio
CONVOCATORIAS ANUAIS

Para o profesorado

Postos a cubrir por concurso de méritos.
Actividades de formacion de Inglés, Frances e Artes Plásticas.
Programa PALE.
Comisións de servizo por motivos de saúde.
Educación no exterior.
Asesores, docentes, intercambio posto a posto...
Fondo de Acción Social.
Licenzas por estudos.
Permutas provisionais.
Reintegro gastos por formación.
Selección de directores/as.

MUFACE

 

 

Para os centros

Escolas viaxeiras.
Premios á innovación educativa sobre temas transversais.
Premios á tolerancia
Premios da Federación de libreiros.
Premios SIEGA.
Rutas literarias.
Rutas científicas

Para o alumnado

Aulas de Natureza.
Prazas residencias nos CDR.
Actividades inmersión linguística.

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

Listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas Hai que introducir o NIF e o código de impresión da solicitude - (DOG, 09-09-2010).

Convocatoria 2009 - (DOG 12-01-2010). Corrección erros - (DOG 04-02-2010)

As instancias cubriranse vía web. Enlace para cumprimentar a solicitude.

Características da convocatoria

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:
Ante as unidades de persoal: do 12 de xaneiro de 2010 ata o 26 de febreiro.
As unidades de persoal devolverano ás persoas peticionarias ata o 18 de marzo
A presentación das solicitudes conformadas ata o 30 de abril.

TIPO DE AXUDAS:

Á xubilación
Beneficiarios: quen se xubilase ou quedase en situación de invalidez permanente no ano 2009.
Requisitos: ter presentado a solicitude de subsidio de xubilación a Muface.
Documentación: non é necesaria, a concesión faina de oficio a Administración.

Para a atención a persoas discapacitadas
Requisitos: ter baixo a súa dependencia directa e vivindo a súas expensas familiares en 1º grao discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais.
Documentación:
Para os fillos causantes: instancia oficial, copia da cualificación oficial de discapacidade, copia de todas as follas do libro de familia, si está en idade laboral certificado da vida laboral desde o 01-01-2008 e certificación de facenda dos ingresos íntegros no ano 2008, se é o caso.
Para ascendentes, consortes ou tutelados: instancia oficial, copia da cualificación oficial de discapacidade, copia do DNI do discapacitado, fe de vida do discapacitado, xustificación do parentesco co solicitante, certificado de convivencia, vida laboral do discapacitado, certificado de pensións do INSS do discapacitado correspondente ao ano 2008.

Por fillos e fillas menores
Beneficiarios: quen teña fillos que non acaden a idade de escolaridade obrigatoria - nados entre o 01-01-2004 e o 31-12-2009.
Documentación: instancia oficial e copia do libro de familia onde figuren edición, serie e número, cónxuxe e fillos, agás os que xa foi beneficiario desta axuda no 2008, e non opten pola modalidade de baremo.

Para estudos por fillos e fillas
Beneficiarios: quen teña fillos nados antes do 01-01-2004 e cursando estudos de primaria, ESO, bacharelato, FP, universitarios (excluídos os que teñan matricula subvencionada) ou outros de caracter oficial.
Documentación: : instancia oficial, copia da totalidade das follas do libro de familia agás os causantes aprobados no 2008 e non se acollan á modalidade de baremo, copia da matrícula, documentación de ter aboada a matrícula do 09-10

Para estudos do traballador ou traballadora
Beneficiarios: quen este cursando estudos que dean lugar a obtención dun título oficial, así como estudos en EOIs.
Documentación: instancia oficial, copia cotexada da matrícula e de ser o caso documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do 09-10.

Por adquisición de vivenda
Beneficiarios: quen adquira a súa única vivenda no ano 2009. Esta axuda é por unha única vez. O profesorado interino docente e o persoal laboral non fixo, non teñen dereito a esta axuda.
Documentación: instancia oficial; copia do acto, simple ou xa rexistrado no Rexistro da Propiedade, da formalización da compravenda escriturada ante notario no ano 2009 ou certificado final da obra visado polos colexios oficiais de aparelladores e arquitectos (no caso de autoconstrución); copia DNI; copia da cartilla de afiliación á SS, Muface...; informe de propiedades a nivel estatal; declaración do solicitante de non ter recibido axuda de igual natureza; certificación expedida por Muface; Mugeju,...,na que conste expresamente que o solicitante non recibiu axuda para vivenda con cargo a estas entidades na convocatoria do 2009.

Axuda de maiores a cargo
Beneficiarios: que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, familiares de 1º ou 2º grao que teñan 65ou máis anos e cuxos ingresos íntegros non superen os 8400 euros. Esta axuda é incompatible coa axueda, deste fondo social, de discapacitados.
Documentación: instantia oficial; DNI do maior; xustificación do parentesco; certificado de convivencia expedido polo concello de todas as persoas convivintes no domicilio; fe de vida do maior; certificación de pensións do INSS correspondente ao ano 2008; copia da declaración de renda do 2008 de facenda do causante (non será necesaria se percibe pensión de xubilación ou por incapacidade permanente absoluta).

Gastos sanitarios do traballador ou traballadora
Axuda por tratamentos e próteses buco-dentais, audiovisuais e/ou ortopédicos sempre que o seu importe, individual ou en conxunto, sexa igual ou superior a 150 euros. O importe máximo a percibir neste punto será de 105€.
Axudas para a adquisición de produtos específicos para a alimentación de celíacos e trastornos similares de intolerancia a alimentos de carácter xenérico, destinados ao solicitante, cónxuxe, parella de feito ou fillos/as. O importe máximo a percibir neste punto será de 105€.
Documentación: fotocopias compulsadas das facturas orixinais, para os tratamentos e próteses e Informe do facultativo no que figure a intolerancia padecida, para os gastos alimentarios.