Desde o STEG convidamos a toda a sociedade a reflexionar sobre o que aparece e o que non aparece nos programas electorais dos principais partidos políticos para, o 25 de setembro, decidirmos o noso voto desde a información e non desde a propaganda. Queremos especialmente situar o ensino no primeiro plano da reflexión, xa que estamos a falar dun dos principais alicerces da democracia, así como do compromiso colectivo co futuro das novas xeracións.
Achegámosvos, xa que logo, os apartados de educación das organizacións políticas máis salientables.