Sami Ashour, de orixe palestina, graduado en Administración de Empresas pola Universidade Al-Azhar – Gaza no ano 1998. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Finanzas e Contabilidade no ano 2009 pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da USC. Na mesma facultade Cursou o Máster de Banca, Finanzas e Seguros. É doutor en Ciencias Económicas e Empresariais desde o ano 2014 pola USC. Cunha experiencia de 10 anos en banca en Palestina, Sami empezou a traballar a tempo parcial no ano 2012 na Oficina de Relacións Exteriores da USC mediante unha bolsa de formación. Desde o 2013 ata a actualidade, traballa en proxecto internacionais na vicerrectoría de Ciencias Políticas da USC. É pai de 4 fillos e é o presidente da Comunidade Palestina en Galicia desde o ano 2012.
Carme Rodríguez Rey: Licenciada en CC. Políticas e da Administración e Licenciada en Dereito pola USC. Traballou durante anos como politóloga no eido dos dereitos fundamentais, desenvolvendo parte da súa labor no Parlamento Europeo. Dende fai mais dunha década traballa como avogada e na actualidade é a responsable dos servizos xurídicos do STEG.