Cadeas humanas contra a LOMCE e a favor dun ensino Público, Gratuíto e de Calidade
![]() |
O vindeiro sábado, 15 de xuño ás 20 horas, convocamos a toda a comunidade educativa do ensino público de Vigo a unha cadea humana na Praia do Bao para mostrar o noso desacordo coa nova lei de educación LOMCE e cos recortes no ámbito educativo. Esta será unha primeira protesta contra a LOMCE de otras moitas que se queren argallar por parte de un grupo de coles públicos do sur de Vigo (Canido, Coruxo…) dentro dunha plataforma contra a nova lei de educación.
Agardamos a vosa participación e pregamos deades a maior difusión posible a esta convocatoria. A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS
|
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps