Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio
CONVOCATORIAS ANUAIS

Para o profesorado

Postos a cubrir por concurso de méritos.
Actividades de formacion de Inglés, Frances e Artes Plásticas.
Programa PALE.
Comisións de servizo por motivos de saúde.
Educación no exterior.
Asesores, docentes, intercambio posto a posto...
Fondo de Acción Social.
Licenzas por estudos.
Permutas provisionais.
Reintegro gastos por formación.
Selección de directores/as.

MUFACE

 

 

Para os centros

Escolas viaxeiras.
Premios á innovación educativa sobre temas transversais.
Premios á tolerancia
Premios da Federación de libreiros.
Premios SIEGA.
Rutas literarias.
Rutas científicas

Para o alumnado

Aulas de Natureza.
Prazas residencias nos CDR.
Actividades inmersión linguística.

ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

Adxudicación das axudas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010 (DOG, 08/06/2010)

Publicación das listaxes detalladas. Prazo ata o 17 de abril para emendar erros, falta de documentación, así como para realizar reclamacións e renuncias

Convocatoria 2010 (DOG,11/02/2010). Solicitudes: presentación vía web

Características da convocatoria

Obxecto
Convocatoria de 3.077 axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de inmersión lingüística durante o ano 2010, tal como figuran na táboa que aparece na convocatoria do DOG do 11-02-2010.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto, coa excepción das actividades de integración, que se realizarán no transcurso do primeiro trimestre do curso 2010-2011.

Prazo presentación solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.


ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
MEC

Convocatoria outono 2010 (BOE 03/05/2010)

O Ministerio de Educación convoca, en cooperación coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o Programa de inmersión lingüística a desenvolver no outono de 2010 en distintos puntos da xeografía española e dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria.

Os centros que desexen participar no programa deberán solicitalo a través da súa dirección, mediante o modelo do Anexo II, formando grupos de 20-25 alumnos de 6º curso e considerando que nos centros dunha soa liña poderán completarse os grupos con alumnado de 5º curso. Este alumnado deberá ir acompañado do seu profesor/a de inglés e poderá asistir outro/a acompañante con coñecemento da lingua inglesa. A selección dos centros será realizada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, seguindo os criterios establecidos na convocatoria (Resolución do 21 de abril de 2010, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional - BOE do 3-05-2010) Os centros seleccionados recibirán axudas para o financiamento da actividade na súa totalidade, antes da súa realización e segundo o establecido na convocatoria. Asumirá parte do gasto o ministerio e parte a consellería, sen que supoña gasto adicional para o orzamento do centro, aspecto para o que se enviarán aos centros, no momento oportuno, instrucións de como proceder á súa xestión.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 1 de xuño, e realizarase mediante modelo do Anexo II que irá acompañada da seguinte documentación:
- Proxecto de participación elaborado polo profesorado participante do grupo, seguindo as orientacións do Anexo V.
- Aprobación do Consello Escolar ou certificado da dirección do centro onde conste que a actividade estará na Programación Xeral Anual do próximo curso.
- Compromiso do equipo directivo do centro garantindo a continuidade do proxecto, no suposto de que non poidan asistir os que o elaboraron. A dirección do centro, mediante o modelo do Anexo III, recadará e custodiará a autorización do pai/nai ou titor do alumnado participante.

As solicitudes poderán ser presentadas nas dependencias establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Será preferente e aconsellable a súa remisión a través dunha oficina de correos onde se presentará en sobre aberto, xunto cunha copia, para facer a oportuna certificación e selado da solicitude orixinal a remitir e da copia que quedará en poder do solicitante como xustificante da súa entrega. Deberán dirixirse a:Consellería de Educación e Ordenación UniversitariaDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa Edificio Administrativo de San Caetano, s/n Bloque II - 2º Andar 15781 Santiago de Compostela.

O profesorado participante, dentro dos 60 días seguintes ao remate da actividade, deberán elaborar e remitir, ao enderezo arriba indicado, unha memoria avalada pola dirección do centro, recollendo os aspectos establecidos na convocatoria. Logo da súa recepción, o profesorado participante recibirá unha certificación coa equivalencia de 20 horas de formación en actividades de innovación educativa (segundo a Orde do 1 de marzo de 2007 – DOG 11-04-2007).