Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Portada STEG << Lexislación

PROFESORADO
Permisos e licenzas
Excedencias
Horarios
Perda destino definitivo
 
CONVOCATORIAS ANUAIS
Selección direccións, comisións de servizo...
 
CENTROS
Regulamentos orgánicos e ordes que os desenvolven
Clasificación centros públicos
Requisitos mínimos dos centros
Comedores escolares
Xornada única
Xestión económica
 
ENSINANZAS
Infantil - Primaria
Secundaria
Bacharelato
F.P.
Adultos
Orientación e E.E.
Lingua galega
Linguas estranxeiras
 
LOE
Normativa derivada da LOE
EXCEDENCIAS
 
VOLUNTARIA POR INTERESE PARTICULAR
LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia. Art 55.2
DURACIÓN: Mínimo de dous anos.
REQUISITOS: Ter prestado sevizos durante os 5 anos inmediatamente anteriores.
 
VOLUNTARIA POR AGRUPACIÓN FAMILIAR
LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia. Art 55.3
DURACIÓN: Mínimo de dous anos e máximo de 15.
REQUISITOS: Ter prestado sevizos durante os 5 anos inmediatamente anteriores.
 
PARA O COIDADO DE FILLOS OU FAMILIARES
LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia. Art 55.4 modificada pola Lei 13/07
DURACIÓN: Máximo de tres anos desde a data de nacemento.
OBSERVACIÓNS: Para atender o coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza coma por adopción ou acollemento permanente ou preadotivo, que se contará desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.
Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a tres anos, para atender o coidado dun familiar que estea ao seu cargo, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non se poida valer por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.
O tempo de permanencia nesta situación será computable para os efectos de trienios, carreira e dereitos no réxime da Seguridade Social que sexa aplicable. O posto de traballo desempeñado reservarase, cando menos, dous anos. Ao transcorrer ese período, a devandita reserva será a un posto na mesma localidade e de igual retribución.
 
POR RAZÓN DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER FUNCIONARIA
LEXISLACIÓN: Lei 13/07 que engade un novo punta ao art. 55 da Lei 4/88 da Función Pública de Galicia.
DURACIÓN: 6 meses prorrogables
OBSERVACIÓNS: As funcionarias vítimas de violencia de xénero, para faceren efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terán dereito a solicitar a situación de excedencia durante seis meses sen ter que prestar un tempo máximo de servizos previos e sen que sexa exixible prazo de permanencia nela. Durante os seis primeiros meses terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñasen, e o devandito período será computable para os efectos de antigüidade, carreira e dereitos do réxime de Seguridade Social que sexa aplicable.
Cando as accións xudiciais o exixisen, poderase prorrogar este período por tres meses, cun máximo de dezaoito, con idénticos efectos aos sinalados anteriormente, para o fin de garantir a efectividade do dereito de protección da vítima. Durante os dous primeiros meses desta excedencia, a funcionaria terá dereito a percibir as retribucións íntegras e, se é o caso, ás prestacións familiares por fillo ao seu cargo