Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Portada STEG << Lexislación
PROFESORADO
Permisos e licenzas
Excedencias
Horarios
Perda destino definitivo
 
CONVOCATORIAS ANUAIS
Selección direccións, comisións de servizo...
 
CENTROS
Regulamentos orgánicos e ordes que os desenvolven
Clasificación centros públicos
Requisitos mínimos dos centros
Comedores escolares
Xornada única
Xestión económica
 
ENSINANZAS
Infantil - Primaria
Secundaria
Bacharelato
F.P.
Adultos
Orientación e E.E.
Lingua galega
Linguas estranxeiras
 
LOE
Normativa derivada da LOE
CLASIFICACIÓN CENTROS

JAIME PITA VARELA, CONSELLEIRO DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E SECRETARIO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA,
CERTIFICA:
Que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de setembro de dous mil dous adoptou, entre outros o seguinte Acordo:
Establecer unha nova clasificación dos centros docentes públicos que imparten ensinanzas non universitarias.

A clasificación dos centros docentes públicos nos correspondentes tipos será efectuada pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tendo en conta os seguintes criterios:

INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS E CENTROS QUE IMPARTEN ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL:

  • Tipo A: Centros de máis de 1350 alumnos.
  • Tipo B: Centros de 751 a 1350 alumnos.
  • Tipo C: Centros de 450 a 750 alumnos.
  • Tipo D: Centros de menos de 450 alumnos.
  • Tipo E: Extensións ou seccións delegadas.

Os institutos nos que se imparta ademais de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, algún ciclo formativo de formación profesional ou programa de garantía social, estarían clasificados alomenos como tipo C.

ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, COLEXIOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA E COLEXIOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • Tipo A: Colexios de 40 ou máis unidades.
  • Tipo B: Centros específicos de Educación Especial e colexios de 18 a 39 unidades.
  • Tipo C: Colexios de 12 a 17 unidades.
  • Tipo D: Colexios de 6 a 11 unidades.
  • Tipo E: Colexios de 3 a 5 unidades.