Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Portada STEG << Lexislación

PROFESORADO
Permisos
Licenzas
Excedencias
Horarios
Perda destino definitivo
 
CONVOCATORIAS ANUAIS
Selección direccións, comisións de servizo...
 
CENTROS
Regulamentos orgánicos e ordes que os desenvolven
Clasificación centros públicos
Requisitos mínimos dos centros
Comedores escolares
Xornada única
Xestión económica
 
ENSINANZAS
Infantil - Primaria
Secundaria
Bacharelato
F.P.
Adultos
Orientación e E.E.
Lingua galega
Linguas estranxeiras
 
LOE
Normativa derivada da LOE
LICENZAS
 
POR ENFERMIDADE
LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, Art. 68.4. Artigo 18 e seguintes do R.D. Lexislativo 4/2000 do 23 de xuño.
DOCUMENTACIÓN: Baixa médica oficial se é máis de catro días, aportando certificado médico, modelo de Muface ou da Seguridade Social.
DURACIÓN: Ata alta médica. Máximo 18 meses (ILT). Esgotada ILT conceden Invalidez Provisional (IP). Esgotada IP, concédese a Invalidez Permanente ata a xubilación.
OBSERVACIÓNS: Renovación da Baixa cada 7/15 días. Ata tres meses, a totalidade das retribucións; prórrogas mensuais.Máis de tres meses, retribucións básicas (soldo e trienios), resto MUFACE ata seis anos.
Reserva de posto de traballo e tempo computable trienios/pasivos.
 
POR ASUNTOS PROPIOS
LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, Art. 68.3
DURACIÓN: Ata tres meses cada dous anos.(Pódense pedir por días, semanas, etc.).
OBSERVACIÓNS: Concesión subordinada ás necesidades do Centro e do servizo.
RETRIBUCIÓNS: Sen retribucións.O tempo conta aos efectos de servizos para trienios.
 
POR ESTUDOS
LEXISLACIÓN: Lei 4/88, Función Pública de Galicia, Art. 68.5.
DURACIÓN: Un curso escolar improrrogable.
OBSERVACIÓNS: Para estudos relacionados co traballo docente. O tempo é computable aos efectos de antigüidade, pasivos, etc.
RETRIBUCIÓNS: A totalidade das retribucións.
 
POR MATRIMONIO
LEXISLACIÓN: Lei 4/88, Función Pública de Galicia, Art. 68.1.
DOCUMENTACIÓN: Solicitude e copia da páxina correspondente do Libro de Familia ou certificación do matrimonio.
DURACIÓN: 15 días naturais ininterrompidos